top of page

POÉTICOS

(14 Feb) YOLANDA CASTAÑO

14 Feb 2014

Un recital ‘unplugged’, unha íntima lectura de poemas, para seguidores/as e amigos/as da poeta Yolanda Castaño.
Algúns dos seus textos máis recentes, incluíndo un pequeno adianto do que en poucas semanas será publicado no seu novo libro, “A segunda lingua”.
Contacto directo, voz e palabra sen máis aditivos, nunha ocasión ‘exclusiva’ para lectores e lectoras.

 

20:30h. 4 €

(16Feb) NOVE performance literario

16Feb2014

Baseado en "Nove", o último poemario de María Lado, xorde esta performance poético-musical.

Con María Lado, Mig Seoane e Ricardo Correia.

 

18:30h 5€

20:30 5€

(28 Feb,1 Mar) Poesía última de LP

28Feb, 1 Mar, 2014

PULP é un espectáculo de Fantoches Baj.Teatro de obxectos, con música en directo, baseado en poemas de Lois Pereiro. A partir dos seus textos, e mediante o recurso explorado polo propio Lois de converterse en narrador de si mesmo, relátanse en primeira e terceira persoa os dous últimos anos da súa vida. As letras que conforman o título do espectáculo van construíndo palabras que nomean os espazos, obxectos e sentimentos que acompañaron a Lois e as súas relacións e amizades, personaxes que se materializan baixo a forma das iniciais dos seus nomes. A sonoplastia, creada por Benxa Otero e tocada en directo por el mesmo con sintetizador e lupeadora, axuda a crear os ambientes necesarios e a ilustrar algúns dos espazos que percorreu Lois (o hospital, a praia de Barrañán, o bar Parrús no Orzán, a súa casa…). Esta banda sonora mestura composicións propias con fragmentos de pezas queridas e escoitadas por Lois de Pata Negra, Zeca Afonso, Satie, Mahler, Bach, etc…

 

28Feb 21h

1 Mar 20:30

4€ (anticipada) 5€ (taquilla)

 

CINTAADHESIVA

Text.

Literatura e música a cargo de Silvia Penas e Jesús Andrés. A palabra e as composicións musicais converxen nun collage ensamblado con cinta adhesiva.

 

21h. 5€

Please reload

bottom of page