top of page

Despois de varios anos percorrendo escenarios culturais internacionais (Alemaña, UK, New York estes dous últimos anos), decatámonos que todo o material que nutría os nosos proxectos xiraba ó redor da cuestión da identidade: de ser quen somos.

Así que (din que no peor momento) decidimos voltar a Galicia a tentar poñer en práctica os mellores anacos do facer artísticos que fomos recollendo fora. Amañamos nós mesmos un espazo desahuciado pero cheo de historia, nun barrio que tradicionalmente tamén quedaba fora, "fora de portas" da cidade (como din os nosos avós por aquí). Así naceu Extramuros, unha especie de máquina de guerra nómada, un espazo de colisións artísticas.

Benvidos. ​

 

LAURA VILLAVERDE (Guillarei, Tui)

Licenciado en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Formación teatral coa SITI Company, NEW York (2010-12)

 

Actriz e creadora en teatro e cine.

Practicante do método Suzuki, Viewpoints e composición coa compañia SITI company en New York.

 

Fundadora da compañía ArtesaCía​

 

ROI FERNÁNDEZ (A Coruña)

Licenciado en Belas Artes e Dirección cinematográfica pola City College of New York.

 

Cultiva a arte cinematográfica, arte da acción, Live Cinema,
formas teatrales híbridas, polipoesía, videocreación, VJ, escenografía, ilustración.

Dirixe o estudio de creación multimedia SrPause Cinescapismo.

E aínda non ten abondo.

QUEN

QUEN SOMOS

EXTRAMUROS

ESPAZO DE COLISIÓNS ARTÍSTICAS

bottom of page