top of page

Sinopse  

É un documental escénico, que conta a vida de tres emigrantes no Nova York dos anos 20, que viaxaron por necesidades económicas  e regresaron para construir escolas de Educación Libre en Galicia, contrapostos a tres emigrantes contemporáneos no Nova York da actualidade. O Amor, a traizón, os soños e os ciumes acompañarán esta viaxe entre ás dúas beiras do mar Atlántico amosando as diferencias e similitudes dun século.

Posta en escena

Tres actores, un feixe de caixas e maletas nas que se mapean proyeccións que non só dan información ó público senón tamén ós actores. Unha enerxía intensa e colmada de responsabilidade. Accións frenéticas que se sustentan con partituras virtuosas. Textos históricos,filosóficos, contemporáneos, 3 idiomas. Todo con un exquisito respeto. Unha hora de acción na que todo se amosa e nada se oculta ó público asistente.

A peza descansa sobre unha escenografía de fina complexidade, que mestura instalación escénica con vídeo mapping e unha coidada iluminación.

 

A obra, estructurada a través dunha linguaxe contemporánea multidisciplinar, formalizase no que chamamos “documental escénico”: a construción en directo dunha película documental sobre o escenario. 

Temática e interése

 Balor mestura un intenso traballo de investigación sobre a relación do feito migratorio coa creación de cultura e educación (máis de 4 anos de entrevistas, visitas a puntos migratorios, documentación histórica, etc), cunha coidada proposta audiovisual (videomapping, cine documental en directo), e a interacciónactor cámara personaxe, conseguimos unha proposta innovadora no narrativo e formal a vez que conmovedora no contido.

A partir das reconstruccions actorais dos baleiros do film, "Balor, na acción dunha cadeira” revisa a nosa tradición migratoria máis oculta, reflexionando sobre a multiplicidade da historia, a educación, a cultura o a relixión... a través dunha linguaxe contemporánea, unha posta en escena actual na que se combina o documental, Cine en Directo, o vídeo mapping, a iluminación e a composición sonora nun proceso de creación multidisciplinar. Un verdadeiro documental escénico.

Proceso de creativo

 

A produción "Balor, na acción unha cadeira" é o cumio dun proceso de investigación sobre as formas documentais e ficcionais nos campos creativos contemporáneos.

Despois de varios anos de procura das pegadas diluidas dos seus antergos en New York a principios do século XX, Roi Fernández foi recompoñendo un puzzle que sobrepasa o persoal para instalarse no plano da intrahistoria. Instantes que Roi reconstrúe a través de derivas, entrevistas, hipóteses e multiversos. Un proceso cuántico de recuperación da memoria.A obra funciona como unha composición fílmica a tempo real. "Balor, na acción dunha cadeira" está apoiado por unha Axuda a produción escénica do AGADIC (Axencia Gallega das Industrias Culturales, ademáis de ser a primeira das residencias técnicas no Teatro Colón da Coruña. A peza está contrastada a nivel pedagóxico con estudiosos e especialistas do tema migratorio de primeiro nivel, como o profesor Vicente Peña Saavedra, o historiador e escritor Bieito Alonso, o profesor y historiador neoiorquino James Fernández.

PRODUCIÓN / APOIOS

BALOR NA ACCIÓN DUNHA CADEIRA é unha produción de ArtesaCía, desenvolvida en Extramuros (Espazo de Colisións Artísticas) e no Teatro Colón de A Coruña; e apoiada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

 

BALOR NA ACCIÓN DUNHA CADEIRA é a primeira produción acollida no programa de Residencias Técnicas do Teatro Colón da Coruña.

+info

Produce:

Co apoio de:

bottom of page